Saturday 11 de May de 2024

Aberto o concurso público para a concesión municipal da cafetería do Parque das Trece Rosas


Está aberto o concurso público dirixido a profesionais da hostalería para a concesión municipal da cafetería do Parque das Trece Rosas. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 22 de novembro.

Os pregos técnicos e administrativos están pendurados da Plataforma de Contratación do Estado. Aquelas persoas ou empresas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Contratación chamando ao 981610000.